Deseñamos e executamos propostas para distintos ámbitos cun enfoque lúdico e didáctico.
Quince anos desenvolvendo e executando programas de dinamización con diferentes sectores (económico, educativo, social, etc.) avalan o noso traballo concibindo e xestionando actividades adaptadas aos diferentes públicos e ás súas necesidades.
Que che ofrecemos
Socioeducativa
Os nosos programas de reforzo educativo e de animación á lectura, entre outros, traballan na mellora das habilidades comunicativas, a creatividade, as sinerxias, a comunicación interpersoal, etc. a través de dinámicas de grupo.
Sociolingüística
Porque cremos no plurilingüismo, na ecoloxía das linguas e no respecto e fomento dos valores sociais que representa a equidade e a promoción dos idiomas propios, realizamos programas de intervención lingüística para diferentes ámbitos e segmentos de idade.
Consultoría
Realizamos proxectos a medida. Traballamos contigo a concepción, desenvolvemento, execución e avaliación da túa idea.