En Reverso Comunicación cremos que a formación debe ser práctica e activa.
Que che ofrecemos
Expón de maneira eficaz o teu traballo de investigación
Traballamos contigo no desenvolvemento da metodoloxía de traballo para preparar o discurso e a súa presentación en público.


Elabora presentacións audiovisuais eficientes para a exposición de proxectos de investigación
Ensinarémosche a elaborar recursos audiovisuais actractivos, para que sexan o complemento perfecto na presentación do teu proxecto.
Redacción de traballos académicos e de investigación
Traballamos contigo para deseñar o teu traballo seguindo os parámetros de redacción académica e científica e buscando a estrutura e o rexistro máis adecuados.


Ferramentas informáticas para a mellora da redacción
Ensinarémosche a aproveitar as funcións que ofrece o procesador de textos para mellorar a redacción de documentos para teñan unha calidade lingüística óptima e que a redacción sexa perfecta.
As redes sociais como ferramenta para acceder ao mercado laboral
Ensinarémosche cales son as mellores fórmulas para presentar a información nas redes sociais e como crear a túa marca persoal como canle de acceso ao ámbito laboral.
