En Reverso Comunicación concibimos a formación como unha ferramenta lúdica para traballar cos grupos. Cremos na práctica como a vía máis eficiente de aprendizaxe. Por iso abordamos a formación como un proceso de creación conxunta co alumnado.
Ven á nosa Escola de comunicación aplicada e experiméntaa connosco para poder aprendela.
Que che ofrecemos
Formación presencial
Desprazámonos ao teu lugar de traballo para implementar a nosa formación. Ofrecémosche un amplo abano de cursos para cubrir as túas necesidades ou as do teu equipo. Podemos traballar nas túas instalacións, ou facelo nas nosas.
Contacta connosco e consulta todas as posibilidades.

Formación en liña
Sabemos que o teu tempo ten moito valor para ti, por iso, poñemos ao teu dispor o noso Campus Virtual como ferramenta de traballo, para que poidas aprender desde calquera lugar, as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Contacta connosco e consulta todas as posibilidades.
Formación a medida
Desde Reverso Comunicación construímos contigo un programa formativo personalizado, e en función das túas necesidades, desde unha perspectiva dinámica e eficiente. En liña, ou presencial. Nas túas instalacións, ou nas nosas.
Contacta connosco e consulta todas as posibilidades.

