En Reverso Comunicación cremos que a formación debe ser práctica e activa.
Que che ofrecemos
Redacción de documentos administrativos
Creamos contigo modelos de documentos actulizados para que a comunicación administrativa da túa entidade sexa e para mellorar a comunicación dentro da organización e tamén coa cidadanía.


Ferramentas informáticas para a mellora da comunicación escrita
Localizamos para ti os recursos que che axudarán a empregar unha redacción clara e correcta e para optimizar o tempo de creación de contidos.
Poñéndonos ao día coa gramática. Reciclaxe en lingua galega
Repasamos a ortografía da lingua galega, para mellorar o seu manexo e as ferramentas de corrección e tradución.


A mellora da atención á cidadanía
Traballamos contigo na elaboración do discurso, centrado nas diferentes situacións comunicativas e en deseñar unha estratexia de atención á cidadanía.
A mellora na atención telefónica coa cidadanía
Axudámosche a mellorar as habilidades comunicativas na atención por teléfono, en traballar aspectos relacionados co uso do teléfono, a imaxe da túa entidade e a calidade no servizo de atención telefónica.


Ferramentas e técnicas para falar mellor en público
Obxectivo: Aprender a facer un discurso máis eficiente e reforzar as capacidades propias para mellorar a expresión oral.
Elaboración de presentacións eficientes
Obxectivo: Afondar na utilización das novas tecnoloxías nas presentacións en público, para elaborar un discurso e unha posta en escena eficiente.
