Somos un equipo multidisciplinar e temos paixón polo coidado da lingua, por comunicar máis e mellor.
Quen somos
Son Borja Tobío
Sempre quixen saber de onde vimos nós e de onde veñen as palabras, por iso desfruto moito do meu labor traducindo e revisando os textos para sacarlles o maior rendemento posible.
Son perseverante e gústame traballar integrándome nos proxectos dos que formo parte.
Borja Tobío
Director de proxectos
Noemí Fernández
Xestora
Son Noemí Fernández
Gústanme moito os números e todo o relacionado coa economía e a xestión do persoal. Estudei Relacións Laborais para conxugar o meu interese pola organización do tempo de traballo e os recursos humanos.
Ao longo da miña carreira profesional, traballei dentro e fóra de Galicia na xestión económica e de recursos humanos.
En Reverso encárgome de tecer o camiño para que o traballo de quen participamos nesta singradura chegue a bo porto.
Son María José Oliva
Nacín e eduqueime en Inglaterra. Da miña parte británica caracterízame a puntualidade; da parte galega, a meticulosidade e a capacidade de traballo.
Desde hai máis de 10 anos traballo como tradutora e intérprete, desde e para o inglés, con empresas de ámbito estatal e tamén a nivel europeo.
Os meus ámbitos de especialidade son o financiero, o xurídico, o médico e o comercial. Desfruto coas traducións de gastronomía, turismo e viaxes.
María José Oliva
Tradutora e Intérprete
Son Siria Diéguez
Desde que recorde sempre me gustou traballar no ámbito da atención ao público e en comunicarme cos demais, e por iso a miña formación se centrou na Psicoloxía e especialmente no traballo con grupos.
O meu traballo en Reverso céntrase no desenvolvemento das actividades sociolingüísticas e de dinamización con diferentes ámbitos profesionais.
Siria Diéguez
Actividades sociolingüísticas e dinamización