En Reverso Comunicación cremos que a formación debe ser práctica e activa.
Que che ofrecemos
Mellora o teu discurso oral en galego
Traballamos contigo para que o teu discurso sexa máis eficiente e reforzar as capacidades propias para mellorar a expresión oral en galego.


Preparación para o exame CELGA
Preparámoste para o exame CELGA 1, 2, 3 ou 4, cun horario e unha metodoloxía adaptado ás túas necesidades.
Lingua e cultura galega para migrantes
Se acabas de chegar a Galicia e queres aprender as as nocións básicas para comunicarte en galego e entendelo, axudámosche.


Linguaxe administrativa galega
Creamos contigo a guía para unha linguaxe administrativa clara para a túa entidade e cun deseño de documentos adecuado.
Poñéndonos ao día coa gramática. Reciclaxe en lingua galega
Repasamos a ortografía da lingua galega, para mellorar o seu manexo e as ferramentas de corrección e tradución.
