Reunións para falar do teu proxecto, conversas para encamiñar os últimos detalles do contido para expoñer… todas as miudezas relacionadas con esa presentación tan importante adquiren agora unha nova dimensión, e algunhas delas unha importancia distinta; noutras nin sequera pensaras ata o de agora. A nova normalidade trouxo consigo un novo modelo de comunicación, a comunicación virtual e quizais nos pillou un pouco de lado, porque ata o de agora eran aínda máis habituais no ámbito das relacións persoais ca no laboral, en moitos casos.
Podo facer unha presentación desde calquera lugar da miña casa? Como me visto? Cal é a iluminación que máis me vai favorecer? A onde miro mentres falo, á imaxe que vexo na pantalla ou ao puntiño de luz ao lado da cámara? A que distancia me poño? Que se me vexa a cara ou tamén os brazos? Apoio o ordenador na mesa? Todos estes pequenos detalles marcan a diferenza para que a nosa presentación sexa profesional.
E tampouco podemos esquecer aqueloutras que xa estaban aí desde sempre e que convén ter sempre na cabeza: a planificación da intervención, o ensaio e a posta en escena, entre outras.
Contámolo máis polo miúdo no seguinte vídeo.
10 consellos para mellorar as túas presentacións virtuais